domingo, 25 de noviembre de 2012

CHARLA SOBRE OS INCENDIOS FORESTAIS

Hoxe temos para todo o alumnado e profesorado, unha charla sobre a prevención de riscos forestais e a concienciación sobre o grave dano que o lume provoca no ecosistema. Esta actividade desenrólase gracias a colaboración de Voz Natura e a Gardia Civil.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

A aula d'Abaixo tamén colabora no proxecto

Os monitores e os nenos/as que están na aula de atención temperá tamén colaboran no proxecto das enerxías e na observación e coidado da nosa horta, descubrindo a influencia do tempo nos cultivos, a estación do ano no que plantamos, a evolución e crecemento das plantas na horta e no invernadoiro, ... Moitas grazas pola vosa implación no proxecto.

jueves, 15 de noviembre de 2012

Manualidades con froitos de Outono

Pedimos a colaboración das familias para elaborar manualidades con froitos de Outono. Veredes que ideas máis orixinais. Parabéns para todos.



CELEBRAMOS O MAGOSTO

No colexio celebramos o magosto degustando unhas sabrosas castañas asadas por Salomé pero tamén fixemos xogos onde a gran protagonista foi a castaña. Elaboramos encestadores, tragacastañas, xogamos coas culleres, arañas de castaña, ...
Encestador
Arañas

Xogo da culler

Tragacastañas

RECICLAMOS

 Os cartóns de leite valeiros do comedor converteronse en cestiñas para as castañas o día do magosto. Así nos quedou. 
cortamos os cartóns, limpamolos e forramolos
Esta é a cestiña dos nenos/as de 4 anos
Os de 3 anos co seu bolsiño 



Plantamos a berza galega

Os nenos/as de 5º de Primaria xunto coa súa titora Mª Dolores plantaron a berza galega, coidaron o abono a plantación e o rego. Quedoulle fenomenal, parabéns para eles. 




lunes, 12 de noviembre de 2012

COMPOSTAMOS

Preparamos os composteiros e compostamos.Implicamos a toda a comunidade educativa: na cociña recollen as verduras e froitas que non serven para o composteiro, os nenos/as recollen as follas do patio, e cada semana unha patrulla ecolóxica (a clase asignado) nos recorda as normas e mantemos limpo o noso colexio.
carnet das patrullas

Traballamos as enerxías

Para celebrar o día das enerxías en todo o colexio realizamos diferentes actividades como presentacións en power point das mesmas, charlas, debuxos, elaboración de papaventos con diferentes materiais, fichas de parques eólicos, ...

Celebramos o Samain

Durante a semana as ultimas semanas de Outubro celebramos a festa do Samaín con actividades de investigación, xogos,... e como non podía ser doutro xeito cunha exposición de cabazas moi traballadas e orixinais. Parabens para todos pola vosa creatividade e participación.

lunes, 5 de noviembre de 2012

Os maiores tamén colaboran na horta

Os de quinto e sexto de primaria tamén ten o seu recuncho na horta. Os maiores plantaron as coliflores e os allos porros, mentres que os de sexto limparon e plantaron os amorodos que coidan con agarimo

O día das enerxías

O 21 de Outubro foi o día das enerxías e non podíamos deixar pasar este día sen conmemoralo de xeito especial e por iso preparamos en infantil un mural sobre o tema que espuxemos no hall do colexio, ademáis de presentarlle o proxecto das enerxías aos alumnado do Centro con power points, vídeos e de facer fichas, debuxos e manualidades.

Mural