martes, 16 de junio de 2015

GRAZAS

Quero agradecervos a todos e todas os que ano tras ano estivestes ahí axudando e colaborando conmigo como coordinadora do proxecto de Voz Natura.
Este ano decidín deixar a coordinación despois de seis anos de moito traballo pero tamén de moitas satisfacións. Pero hai relevo.
 Foi un pracer contar con todos vós ao meu carón e hoxe non podo máis que dicirvos GRAZAS porque sodes estupendos e estupendas. Sen vós non sería posible facer todo o que se fixo . 

Quero agradecer a colaboración e implicación de toda a Comunidade Educativa:
- Ao alumnado do Centro
- Ao profesorado
- A Virginia, a coidadora pola súa axuda incondicional
- A cociñeira Pilar e as axudantes Edita e Maruja por preparar os vexetais da horta e  por colaborar na compostaxe.
- A Anpa pola axuda incondicional, pola súa obra de teatro, semana do libro, ... e ao elenco de actores e actrices que crean e representan a obra de teatro.
- As familias pola achega das adiviñas, ditos, refráns, lendas, fotos, ... sobre as hortas e pola enquisa sobre o uso das plantas medicinais.
- Aos monitores da Aula de atención temperá: Carla, Ana e Sabela, polo seu obradoiro da estación metereolóxica.
- A Eva Losada, a monitora da biblioteca do Pereiro de Aguiar pola semana de contacontos sobre a Horta
- Ao Concello de Pereiro de Aguiar e ao Concello de Esgos pola súa colaboración.
 - A Ana Gómez e a Ángeles Rodríguez pola inestimable axuda para contactar cos artesáns e para organizar o día etnográfico
- A Bea Monfort pola xestión na participación e visita a Tecnópole
- Ao meu pai pola colaboración no coidado e plantación da horta e do invernadoiro, preparando a terra, plantando  con todo o  alumnado do Centro e quitando as herbas,  ano tras ano.
- A Raúl Fernández pola colaboración na saída ao Encoro de Cachamuiña.
- A Xosé Santos pola ruta de cartografia, orientación e plantación e pola participación activa nas propostas do Centro ano tras ano
- A Fina Pérez pola súa exposición, charla sobre as abellas e polo taller de velas.
- A Alicia Fernández, pola súa charla titulada: Remexer, sobre reciclaxe e fitosanitarios.
- A Purificación Novoa pola charla: Nunca sen almorzos, comemos san.
- A José Galán pola súa charla sobre o Aceite e pola cata do mesmo.
- Aos artesáns:
*Fina Pérez (Ceras e velas naturais),
*Servando (Veterinario do Inorde),
*Carlos Rodríguez (Caracois),
*Andrés Castaño (Aceite),
* Isaac Martínez (Viveiros),
* Benito Pato (Inxertos e Podas),
* Manuel Doval  e Ana Gómez ( Apeiros de labranza),
* Mario Poti ( Galeguesas)
* Evaristo Rodríguez ( patacas e cereais do Inorde)
* Manuel Franqueira e Concepción Infiesto (Liño),
* Dositeo Álvarez ( Castañas)
* Alfonso Rodríguez ( barquilleiro)
* Cristina, Lourdes e Antía ( xardineiras)

- A Adriana polo seu precioso mural sobre a horta de Bencho.
- A José Manuel Gómez por instalar o rego na Horta de Bencho.
- Á Voz de Galicia por facerse eco dalgunhas das actividades realizadas no Centro
- Ao todo o Equipo de Voz Natura.

GRAZAS A TODOS ESTE PROXECTO MOI AMPLO E AMBICIOSO LEVOUSE A CABO CON MOITAS E VARIADAS ACTIVIDADES QUE AMPLIARON E ENRIQUECERON OS COÑECEMENTOS DO ALUMNADO.
UNHA CHEA DE EXPERIENCIAS MOTIVADORAS E MOI SATISFACTORIAS QUE PERDURARÁN NO RECORDO DOS NOSOS NENOS/AS AOS QUE HOXE CONCIENCIAMOS PARA CONSTRUIR UN MAÑÁ MAIS ECOLÓXICO.

GRAZAS DE NOVO E SE IDES AO COLEXIO PODEREDES VER A EXPOSICIÓN DE TODO O QUE SE FIXO ESTE CURSO 2014-2015. 

UN SAÚDO A TODOS E FELIZ VERAN: CELI




miércoles, 3 de junio de 2015

ENTRE OS CINCO FINALISTAS

O video do colexio que presentamos ao concurso de Voz Natura está entre os cinco finalistas e agora o xurado terá a derradeira palabra. O venres saberase que video é o gañador.
Grazas a todos e todas por votar e apoiar o noso video, os dos nosos nenos/as, que é de toda a Comunidade Educativa.

martes, 26 de mayo de 2015

Participamos nun concurso de VOZ NATURA cun video onde recollemos as actividades medioambientales que fixemos. Por favor votade no  Facebook de Voz Natura o vídeo do CEIP. BEN CHO SHEY. Este é o enlace.

https://premium.easypromosapp.com/voteme/32337/620428893


Grazas

lunes, 11 de mayo de 2015

TALLER DE VELAS

O mércores 15 de Abril na aula de 3º B,  o día 28 de Abril nas aulas de 4º, 5º e 6º e o xoves 30 na aula de 5 anos realizouse un taller de velas con cera de abella natural e con distintas formas e cores guiados por Fina Pérez Movilla. Foi unha experiencia moi chula e divertida de manipulacion cos sentidos. Grazas. 







CONTACONTOS

Eva Losada acudiu ao Centro a realizar o día 23 de Abril unha sesión de contacontos coa temática da Horta e achegounos dúas mascotas: un caracol e un verme, que adoptamos na aula de 3 anos A. Resultou moi divertido. Sempre é unha experiencia e unha sesión moi interesante. 
GRAZAS EVA. 











CATA DE MEL

Ao longo da derradeira semana de Abril levamos a cabo unha cata de meles de diferentes sabores e texturas e cubriron o alumnado e o profesorado unha enquisa. Con eses datos imos facer un estudo.







A HORTA DE BENCHO NA PRIMEIRA SEMANA DE MAIO

Así de frondosos e explendorosos  están os vexetais da Horta grazas ao rego e as temperaturas primaverais destes días.